Un curso con Leo Bassi en Vilagarcía de Arousa para axudarnos a descubrir "o pallaso que levamos dentro"
Por Redacción
O Festaclown de Vilagarcía volve en agosto con Leo Bassi como protagonista no Auditorio Municipal do municipio.
Aproveitando a súa presenza en Galicia, Bassi será un dos nomes que encabezará o cartel deste ano co seu curso 'Na procura da identidade cómica' os días 12 e 13 de agosto dende as 10:00 ata as 14:00 horas. As inscripcións poden realizarse a través do correo info@culturactiva.org.
Leo Bassi é o creador e fundador da famosa Iglesia Patólica do Barrio de Lavapiés e que acompañará a todos os asistentes a descubrir o pallaso que levan dentro.
A provocación é unha ferramenta do compromiso para este italiano que debutou con sete anos en Australia, iniciando aos 23 a súa carreira en solitario, creando os seus propios espectáculos e converténdose, co paso dos anos, nun dos clown máis coñecidos do mundo.
Bassi desenvolve neste curso un sistema que combina a teoría con xogos psicolóxicos orixinais que animan aos participantes a descubrir o bufón que levan dentro. Un dos aspectos máis importantes destas sesións é que todos os participantes son continuamente estimulados a tomar alternativamente un papel activo e de observador crítico.
Pódese consultar máis información na páxina web www.festaclown.org.