En algo máis dun mes desde a súa publicación, a última novela da xornalista Carme Chaparro xa leva catro edicións "e moi grandes", coméntanos durante o tempo que nos adica ao podcast 'Cara a cara'.
Dez persoas precipítanse ao mesmo tempo desde dez habitacións da sétima planta dun emblemático hotel da Plaza de España madrileña. Así arrinca 'Delito'.
Un contundente comezo para unha promoción que está facendo á autora "inmensamente feliz" ao tiempo que "gratamente sorprendida pola avalancha de lectores e agarimo que trae" esta última novela.
Se a triloxía previa que protagonizaba Ana Arén e que comenzou con 'No soy un monstruo' vendeu centos de miles de copias; agora atopa que "preto do 70 ou 80% son lectores novos que non leran a Ana Arén".
Neste thriller suceden cousas que "están non só moi ancoradas á realidade, senon que son a realidade mesma. Hai unha trama que ten que ver coa sanidade na que hai certa crítica, porque os personaxes así o esixen", tamén reflicte a realidade da inxeñería que conleva o sistema de trasplantes de órganos en España, algún infame personaxe histórico, xornalistas - co seu punto crítico-, violacións, enfermidades dexenativas, amor, paixón, odio, vinganza... ata unha bolsa de patacas fritas de fala.
Estas trepidantes páxinas pasarán á pantalla, ainda que por agora, Chaparro é prudente: "estamos niso. Mercoulla Focus. Veñen de facer 'Reina roja' e o seu próximo proxecto será 'Delito'. Estamos niso", repite.
Pódese escoitar o podcast completo na ligazón que se adjunta ou descargalo desde a web de PontevedraViva Radio.