Sesión de cine para coñecer o matemático que dá nome ao CPI Domingo Fontán
Este venres 10 de marzo, o CPI de Portas acollerá a proxección do documental 'Fontán, o primeiro rostro de Galicia'. O matemático e xeógrafo Domingo Fontán (Portas, 1788 - Cuntis, 1866) dá nome ao centro educativo.
Esta actividade impulsouna o departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra. A finalidade do proxecto é dar a coñecer aos centros educativos da provincia a un dos científicos máis relevantes da historia de Galicia. Neste caso, o traballo audiovisual presentarase no lugar de nacemento do estudoso.
A peza audiovisual fará un percorrido pola historia e a orografía galega, incluíndo entrevistas de especialistas e nocións sinxelas de matemáticas e xeografía. No colexio de CPI Portas estará presente a decana da Facultade de Matemáticas, catedráticos en Xeografía, enxeñeiros de camiños e personalidades como Alberto Fortes. Todos eles manterán unha conversa cos estudantes.
Tamén acudirá o equipo realizador da proxección, Kaito Estudos, que introducirá o documental e realizará posteriormente un coloquio. Desta forma, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e os profesores de Xeografía de Portas coñecerán a vida do matemático e xeógrafo Domingo Fontán.
Ademais, todos os presentes reflexionarán sobre o Mapa Cartógráfico de Galicia de Fontán, o primeiro de España realizado con metodoloxía científica e coa tecnoloxía do século XIX. Tamén coñecerán instrumental para medir distancias e ángulos, similar ao de Fontán e poderán comparalo co actual.
O documental proxectarase no IES de Mos, no IES de Chapela (Redondela), CPI Mosteiro-Meis, IES de Ponteareas, CPI Manuel Suárez (O Rosal), CPI Santa Lucía (Caldas de Reis), IES Pintos Colmeiro (A Estrada), IES de Pontecaldelas e IES Poio.
Relacionadas:
-
Homenaxe en Portas ao cartógrafo Domingo Fontán no 235 aniversario do seu nacemento
Por Redacción |
-
Alumnado de Poio e Ponte Caldelas coñecen ao autor do "primeiro rostro de Galicia"
Por Redacción |
-
Expertos en narcotráfico debaterán en Pontevedra en que punto se atopa a loita contra a droga
Por Alba Feijoo Alonso |
-
José Gil, a través da pantalla no cinemóbil de Caldas de Reis
Por Rosalía Rico Otero |
-
Dez concellos acollerán o audiovisual 'Fontán, o primeiro rostro de Galicia'