Polo Nadal Contos nas orellas, na Biblioteca Pública
Por Redacción
A Biblioteca Pública de Pontevedra ofrece un ano máis en vacacións de Nadal unha ampla oferta de actividades para todos os públicos, de forma que a lectura e todo o que a rodea se converta nunha opción de lecer para as familias nestas datas.
'Contos nas orellas', a cargo de Bea Campos, de Teatro Migallas.
As sesións, dirixidas a cativos a partir de 3 anos, mesturarán xogos tradicionais, contos e cancións.
-
26 de decembro:
- 'A galiña roxa', 'A granxa', 'Cucú-trás' e 'o Sr. Croc'
-
27 de decembro:
- 'Os tres porquiños', 'O Homiño de mazapán', 'Sacapenas', e 'Lúa'.
-
2 de xaneiro
- 'Iyoké', 'Chibos Chibons', 'Cu cú tras da selva' e 'Martiño'.
BIBLIOTECA SOLIDARIA
A de Pontevedra é unha das bibliotecas nodais que decidiron este ano cambiar as sancións do carné por devolucións atrasadas pola entrega por parte dos usuarios de produtos e alimentos básicos non perecedoiros que se entregarán ao Banco de Alimentos de Vigo, que abastece a toda a provincia de Pontevedra. A campaña manterase ata o 10 de xaneiro.
Así mesmo, a Biblioteca Nodal de Pontevedra ten en marcha a campaña solidaria de recollida de libro Libros solidarios-libros por sorrisos. As persoas que desexen participar poden depositar os seus libros de lectura, para nenos de 0 a 14 anos, novos ou de segunda man en perfecto estado na sala infantil da biblioteca. O material recollido doarase a Cáritas Interparroquial para facerllos chegar aos que máis o necesitan.
Relacionadas:
-
Sancionáronte por atrasos nas devolucións da Biblioteca? Troca a 'multa' doando alimentos
Por Redacción |
-
Sanxenxo fomenta a capacidade analítica dos escolares a través da lectura
Por Redacción |
-
'Comparte o Nadal', campaña de recollida de alimentos en favor da Asociación SOS Ayuda al Necesitado
Por Redacción |