Antón Sobral ofrecerá unha clase maxistral de acuarela para rapaces
Por Redacción
O artista marinense Antón Sobral ofrecerá unha clase maxistral para rapaces de oito a catorce anos. O proxecto chámase "Pintando baixo a chuvia" e é unha actividade artística no Granero Delmas.
O grupo de rapaces realizará baixo a dirección do Antón Sobral unha inmersión práctica realizando unha obra sobre papel coa técnica da acuarela.
É unha iniciativa gratuita que terá lugar este luns 26 de decembro de 11 a 13 horas, no espazo coworking para artistas Granero Delmas. Os materiais proporcionaraos o propio artista. Para apuntarse hai que chamar o teléfono 619432721.
Nestes días de inverno aproveitarán a chuvia como elemento participativo na realización da obra. No caso que non chova farán unha chuvia "artificial".
Antón Sobral é un destacado artista galego recentemente invitado no Strasbourg Art Photography en Francia. Realizou mais de trescentas mostras ao longo do mundo. Dende Nova York a Viena, pasando por Munich, Lisboa, Madrid, A Habana, Milan, Estrasburgo, entre outras.
Leva mais de cincuenta anos como activista cultural. Artista multifacético pois ademáis de pintura, escultura fai fotografía, videocreación, ilustración de libros ten tres libros de poesía editados ademáis de realizar libros de artista en colaboración cos mais importantes poetas galegos e internacionais. Ademais é comisario e realiza dende hai mais de vinte anos Encontros de Arte e Natureza.
Sempre ligado a asociacións culturais de base como o Ateneo Santa Cecilia de Marín, Asociación Cultural O Galo de Santiago e na actualidade no Ateneo de Pontevedra, considérase un resistente na loita pola cultura galega e considera que a beleza é un dos caminos de liberación persoal frente a este estado de crise de valores da Humanidade.
Presume da sua independencia política pois non está afiliado a ningún partido e mantén unha participación comprometida na loita contra a pobreza, é responsable do Proxecto Fame Cero en colaboración co Concello de Pontevedra. Tamén está implicado na loita contra a incultura de todo tipo.
Na actualidade se atopa expoñendo a sua obra en Vigo na sede de Abanca na colección do Parlamento de Galicia, na Galeria Visor en Ourense, no Centro Comercial Arousa na mostra "Pop Art Store" en Vilagarcia, e na mostra "Nadal na Toxa" Hotel Eurostars de A Toxa.