Leiva, primeiro artista confirmado para o Atlantic Fest 2023
Por Alejandro Espiño
Quedan aínda máis de oito meses, pero os motores para o Atlantic Fest 2023 xa están en marcha. E fano anunciando ao que será un dos seus principais atractivos musicais.
Leiva é a primeira confirmación para un festival que se celebrará entre os días 21 e 23 de xullo na praia da Concha, en Vilagarcía de Arousa, ofrecendo o seu concerto no recinto que o Atlantic Fest estreou na pasada edición, a tan só uns metros do mar.
O seu concerto, que se celebrará o 22 de xullo, promete ser un show espectacular, de estética impecable e un son completamente irresistible.
Leiva leva máis de media vida de exitosa traxectoria musical. Compositor de letra e música de todas as súas obras, traballou tamén para artistas españois tan diversos como Joaquín Sabina, Bunbury, Rosario Flores, Iván Ferreiro, Natalia Lafourcade ou Fito Páez.
Como artista en solitario, acumula máis de 170.000 discos vendidos, billóns de reproducións en plataformas dixitais, múltiples nomeamentos aos Grammy latinos ou o Premio Goya 2018 á Mellor canción orixinal, por La llamada.
O seu décimo álbum de estudo en solitario, Cuando te muerdes el labio, publicouse a finais de 2021 logrando novamente chegar ao número uno en lista de vendas no noso país.
As entradas para o Atlantic Fest poñeranse á venda o 5 de decembro ás 9:00 horas a través de www.atlanticfest.com, ao prezo de 40 euros só durante as primeiras 24 horas.
Relacionadas:
-
O Atlantic Fest pon data e hora para todos os concertos da súa nova edición
Por Alejandro Espiño |
-
Atlantic Fest reforza a súa edición de 2023 con Viva Suecia, León Benavente ou La Bien Querida
Por Alejandro Espiño |
-
O Atlantic Fest suma a Sidonie, Sidecars, Cupido e Cariño ao seu cartel para 2023
Por Alejandro Espiño |