Comeza Domingos do Principal con El Espejo Negro e a historia de Cris, unha pequena valente
Por Redacción
Volven os Domingos do Principal este 2 de outubro coa representación de 'Cris, pequeña valente', unha obra da compañía andaluza El Espejo Negro. Trátase dun espectáculo que recibiu o premio Max 2022 á mellor montaxe infantil e xuvenil; o premio Feten 2021 ao mellor espectáculo ou o primeiro premio do público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2021, entre outros.
A obra está recomendada pola Rede Española de Teatros, Auditorios e Festivais e atópase dirixida ao público familiar, a partir dos seis anos. O argumento céntrase na historia de Cristina, unha nena que ao nacer pensaron que era un neno, aínda que ela nunca sentiu un neno. Trátase dunha nena trans, riseira e intelixente que loita polo seu dereito para ser persoa.
O espectáculo ofrece unha visión positiva, aínda que non faltan escenas complexas e mesmo tristes. A función dura 65 minutos e, como en anteriores edicións dentro do ciclo familiar que coordina Teatro Akatro, van ofrecerse dous pases para o público ao longo do domingo. O primeiro iniciarase ás 12.00 e o segundo será ás 18.30 horas no Teatro Principal.
As entradas xa se atopan á venda en ataquilla.com ao prezo de 4 euros. No caso de que non se esgoten en venda anticipada, poderanse adquirir no despacho de billetes unha hora antes de cada función.
Relacionadas:
-
A familia Cotton despide os Domingos do Principal
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Un 'Camiño de historias' para apoiar a literatura e a lingua galegas
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
'A cazola de Lola' ofrece no Principal unha óptica familiar da diversidade funcional
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Teatro Tanxarina presenta "A cazola de Lola" en Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Xornada de teatro 'baixo a choiva' en Domingos do Principal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Programadas 11 novas funcións escénicas en Pontevedra dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
Por Redacción |
-
'As pitas baixo a choiva', próxima obra no ciclo Domingos do Principal
Por Redacción |
-
A transexualidade, as pinturas de Maruxa Mallo e a interculturalidade, nos novos Domingos do Principal
Por Redacción |