'A cazola de Lola' ofrece no Principal unha óptica familiar da diversidade funcional
Por Cristina Saiz & Redacción
A importancia que ten nas nosas vidas a presenza de persoas marabillosas constituía a principal mensaxe que trasladaba a función deste domingo no ciclo teatral Domingos do Principal. A compañía Tanxarina Títeres de Redondela presentaba 'A cazola de Lola', cun personaxe central, Lola, que sempre leva un cazo e non sabe moi ben por que motivo.
Lola amósase sensible e con gran sentido artístico e iso provoca que haxa persoas que non a entendan e lle compliquen a vida ata que finalmente consegue sentirse querida. Coa utilización de monicreques os tres intérpretes de Tanxarina Títeres ofreceron un espectáculo destinado ao público familiar para analizar a diversidade funcional entre os menores.
O vindeiro domingo 23, o ciclo ofrecerá outras dúas funcións a cargo da compañía pontevedresa Migallas Teatro, liderada por María Campos e Carlos Yus. Presentarán a súa montaxe 'Camiño de historias', formada por tres escenas de tradición oral procedentes de diversos países de fala portuguesa que abordan dunha maneira amena e divertida cuestións como a interculturalidade e os dereitos humanos. As entradas xa se atopan á venda en ataquilla.com
Relacionadas:
-
'Tarzán en el diván' converte Domingos do Principal nun zoolóxico
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Maruxa Mallo, referencia artística da próxima obra de Domingos do Principal con Caramuxo Teatro
Por Redacción |
-
Un 'Camiño de historias' para apoiar a literatura e a lingua galegas
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
'De Pontevedra á Habana' reivindica a cultura galega no Teatro Principal
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
'Camiño de historias', de Migallas Teatro, próximo espectáculo familiar en Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Teatro Tanxarina presenta "A cazola de Lola" en Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Xornada de teatro 'baixo a choiva' en Domingos do Principal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Comeza Domingos do Principal con El Espejo Negro e a historia de Cris, unha pequena valente
Por Redacción |
-
A transexualidade, as pinturas de Maruxa Mallo e a interculturalidade, nos novos Domingos do Principal
Por Redacción |