VÍDEO.- Así están a acometerse as escavacións arqueolóxicas en Santa Clara
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra, a través do Museo, publicou o primeiro episodio videográfico das escavacións que se realizan no convento de Santa Clara. Serán tres pezas audiovisuais.
Nesta primeira entrega, Rafael Rodríguez Martínez, director da intervención, explica que se están a executar sesenta sondaxes arqueolóxicas nunha superficie de 700 metros cadrados dentro do estudo das instalacións e móstranse imaxes das catas nas que se atoparon novas construcións e elementos estruturais, ademais de zonas de enterramentos dentro do recinto con restos humanos, que se analizan.
Os traballos iniciáronse pola zona leste coa aparición dun lousado relacionado cun edificio desaparecido pertencente ao século XVI e XVII; ademais dunha canle de pedra para abastecer de auga os terreos do convento.
Tamén se indica a aparición de cinco sepulturas, a dous metros de profundidade. Rodríguez Martínez indica que se escavaron tres e nunha apareceron restos humanos moi deteriorados.
Nas sondaxes no sur e no oeste tamén se traballa para comprobar as estruturas que poden aparecer tras atopar restos difíciles de determinar a falta dun estudo con maior profundidade.
O punto máis sorprendente é o aparecido na zona norte do claustro con 26 tumbas. Escaváronse dez e nalgunhas atopáronse restos en bo estado de conservación, que serán analizados. Tamén na zona de portería descubriron restos, en cinco tumbas escavadas, documentando tres caixas de madeira, un elemento pouco habitual nestas exploracións arqueolóxicas, con restos humanos no interior.
Relacionadas:
-
Así viviron as monxas de Santa Clara durante 750 anos: xa bebían chocolate no século XVI e procedían de familias nobres
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Atopan nas escavacións de Santa Clara un anel de ouro que "ten como mínimo 500 anos"
Por Diego Espiño |
-
O protagonismo feminino no convento, eixo do segundo vídeo sobre as escavacións de Santa Clara
Por Redacción |
-
As escavacións de Santa Clara descobren restos do lateral oeste do claustro
Por Oskar Viéitez |
-
Un proxecto didáctico dará a coñecer o Camiño de Santiago e o Museo de Pontevedra entre o alumnado
Por Mónica Patxot |
-
As escavacións de Santa Clara descobren enterramentos en numerosas zonas do recinto conventual
Por Anxo Lourido |
-
Atopan máis de dúas mil pezas e vinte e seis tumbas nun mes de traballo arqueolóxico en Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
A primeira semana de traballos arqueolóxicos en Santa Clara saca á luz máis de 2.000 restos e pavimentos
Por Oskar Viéitez |