Eladio y los Seres Queridos e Las Antonias pechan a IX edición do ciclo musical 'Os Xoves de Códax'
Por Redacción
O ciclo musical 'Os Xoves de Códax' chegou este xoves ao seu fin cun último concerto de man de Eladio y los Seres Queridos e as divertidas Las Antonias.
En total 2.000 persoas gozaron coa volta dos concertos solidarios de Bodegas Martín Códax.
De feito a recadación da última xornada irá destinada á Fundación ANDREA de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, en concreto ao seu proxecto de casas de acollida no que dan servizo a máis de 200 familias galegas.
Eladio y los Seres Queridos, banda con máis de 15 anos de carreira e seis discos ás súas costas, amenizaron o último xoves do ciclo cos temas do seu último traballo, Academia, que se publicou en marzo de 2020, sen esquecerse dos clásicos do grupo formado por David Outumuro, Óscar Durán, Marcos Vázquez e Eladio Santos.
Pola súa banda Las Antonias, banda feminina que se define como "perfectas destripadoras de boleros e outras delicias dos anos 50 e 60", presentou a súa idea de cambiar os conceptos machistas que se mostran en moitos temas musicais. O grupo está formado por Ana Lee (canto), Elena (Fagot), Marina (Teclado), Raquel (Tuba e baixo) e Marta (Percusión).
Relacionadas:
-
Martín Códax, elixida mellor adega aberta ao turismo de España
Por Redacción |
-
Pablo Lesuit e Jenny and the Mexicats fan vibrar o público de "Os Xoves de Códax"
Por Redacción |
-
Xabier Díaz e Antía Muíño: dúas xeracións musicais que se volven cómplices en "Os Xoves de Códax"
Por Redacción |
-
Uxía e Javier Ruibal, con Pedro Guerra, dotan de nova melodía ás poesías de Rosalía e Lorca, en "Os Xoves de Códax"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Retornan 'Os Xoves de Códax', a novena edición do ciclo musical
Por Redacción |