Chega a Pontevedra a comedia sobre o mundo do xornalismo 'ÿltima edición'
Por Redacción
A Fundación Novacaixagalicia presentará en Pontevedra a comedia escrita por Eduardo Galán e Gabriel Olivares ÿltima edición, que aborda o mundo do xornalismo e conta con Ana Ruíz, Javier Martín, Patxi Freytez e Natalia Dicenta no elenco de actores.
A cita será o xoves 5 de decembro ás 20.30 horas no Centro Social da rúa Augusto González Bicada. As entradas están á venda a través do servizo de teleticketing da Fundación Novacaixagalicia, Servinova, ou ben na taquilla telefónica no 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 horas.
ÿltima edición está escrita en forma de thriller e en ton de comedia e pretende ser una homenaxe a películas da categoría de Eva al desnudo, Armas de mujer ou Todos los hombres del presidente, así como a series de investigación tales como a recentemente estreada Homeland.
O argumento conta a historia de como, ante a crise de lectores e o enorme descenso das vendas de xornais, se acaba de practicar un ERE na redacción de El Universal. Aínda así, o xornal acaba de contratar a Minerva, unha rapaza nova e brillante redactora, pola que o consello de administración do xornal aposta para que colabore na modernización da edición dixital e co fin de que contribúa, grazas á súa formación, no lanzamento da cabeceira.
Minerva é recibida con receo por parte de Tatiana Paluzzo, a directora da publicación desde hai 25 anos, e por Fuentes, vello amigo de Paloma e redactor xefe do diario. Nestas circunstancias xorde unha nova que pode dar lugar a unha investigación xornalística que podería pór o diario no foco da noticia.