Nova Galega de Danza presenta 'Leira no Camiño' na Illa de Arousa

Por Redacción
A compañía Nova Galega de Danza ofrecerá o vindeiro venres 5 de agosto ás 21.00 horas o espectáculo 'Leira no Camiño' no Edificio de Usos Náuticos da Illa de Arousa.
Trátase dunha montaxe que forma parte da programación 'Bailando a Terra', que promove a Deputación de Pontevedra. A proposta, artisticamente dirixida por Jaime Pablo Díaz, relaciona a dura beleza dos labores do campo coa danza e a presenza da muller en relación cos fenómenos naturais. A coreografía inclúe instrumentos de labranza nun espectáculo de danza e música en que os corpos e a terra combínanse.
A entrada é libre ata completar a capacidade do recinto.
BAIONA GALICIA EN DANZA ACTUARÁ EN POIO
Na xornada do sábado 6 de agosto, a programación trasládase ao xardín da Capela da Virxe da Renda, no municipio de Poio. Neste espazo, a Escola de Baiona Galicia en Danza ofrecerá a montaxe 'As 4 estacións'.
Trátase dunha función na que se combinan elementos da danza contemporánea, o ballet, o jazz e a danza tradicional. A proposta poderase ver a partir das 20.30 horas.
Relacionadas:
-
Un investimento de 2,5 millóns transforma a praza do Regueiro e a Avenida Castelao na Illa de Arousa
Por Redacción |
-
"Bailando a Terra" bota a andar este venres na Carballeira de Caldas
Por Redacción |
-
A Deputación de Pontevedra presenta os programas culturais "Tras as ameas" e "Bailando a Terra"
Por Oskar Viéitez |