Así soa "Doolittle" de Pixies versionado polos artistas da Escola Bonobo
Por Alejandro Espiño
As quince cancións que forman parte de Doolittle, un dos discos máis aclamados da banda estadounidense Pixies, soan a partir de agora con certo aire pontevedrés. Fano da man dos alumnos da escola Estudo Bonobo.
Unha trintena de novos artistas, con idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos, demostraron os seus dotes musicais reinterpretando en directo os temas deste álbum.
O resultado, que foi todo un éxito, foi presentado na cervexaría Soul Beer de Pontevedra e xa se pode escoitar a través da canle da escola en Youtube.
1. DEBASER
2. TAME
3. WAVE OF MUTILATION
4. I BLEED
5. HERE COMES YOUR MAN
6. DEAD
7. MONKEY GONE TO HEAVEN
8. MR. GRIEVES
9. CRACKITY JONES
10. LA LA LOVE YOU
11. Nº13 BABY
12. THERE GO MY GUN
13. HEY
14. SILVER
15. GOUGE AWAY
Non é a primeira vez que esta escola de artes, dirixida polo músico Gonzalo Maceiras, organiza un proxecto destas características cos seus alumnos. Esta é, de feito, a quinta edición destas 'sesións en directo'.
Radiohead, Red Hot Chili Peppers, Weezer ou Vetusta Morla foron as bandas feitas unha versión en anos anteriores desta iniciativa, coa que volveron a demostrar que o futuro musical da cidade de Pontevedra está máis que garantido.