As mulleres máis inspiradas ofrecen un concerto vibrante no Pazo da Cultura
Por Redacción
As mulleres foron as protagonistas do concerto que este domingo pechaba a primeira edición do ciclo 'Mulleres e Inspiración', unha proposta promovida por Judith Rey Iglesias, vicepresidenta da formación musical coa intención de facer xustiza co papel desempeñado pola muller na música clásica.
Desta forma, ao escenario do Pazo da Cultura subíanse as integrantes femininas da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, dirixidas por Claudia Dubé e coa maxistral interpretación da pianista compostelá Isabel Pérez Dobarro, afincada en Nova York e cunha ampla traxectoria profesional en escenarios internacionais.
O concerto serviu para estrear tres pezas de compositores galegos: 'WoOmen', de Mario Diz, homenaxe a Clara Wieck Schuman, artista que inspirou a Brahms; 'El último adiós', de Julia Dopico; e a obra 'Lonxe do lar queridiño', da compositora Carmen Díez. As 45 instrumentistas da Orquestra ofreceron un concerto vibrante baixo a batuta da fundadora e directora titular da orquestra Sinfónica de Mataró.
Este ciclo complétase cunha exposición que permanece aberta ata o mércores 15 de xullo no Pazo da Cultura sobre as mulleres compositoras galegas.
Relacionadas:
-
Piden colaboración para recuperar un violín roubado a unha integrante da Orquestra Xove da Filharmónica Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
A destacada pianista Isabel Pérez Dobarro imparte unha masterclass dentro do ciclo 'Mulleres e inspiración'
Por Redacción |
-
A muller inspira á música clásica en Pontevedra
Por Redacción |
-
'Mulleres e Inspiración', o ciclo para poñer en valor a compositoras, directoras e instrumentistas de música clásica
Por Diana Eiras & Anxo Lourido |