"Miss Marte" de Manuel Jabois converterase en serie de televisión
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha das obras máis aclamadas do xornalista e escritor pontevedrés Manuel Jabois terá unha segunda vida máis aló da literatura. A produtora María Zamora adquiriu os dereitos da novela Miss Marte para levala a televisión en formato serie.
Zamora, produtora da película Alcarràs, gañadora do Ouro de Ouro no último festival de cinema de Berlin, poñerase á fronte deste proxecto, unha colaboración entre o seu propio estudo, Elastica Films e a compañía pontevedresa Matriuska Producciones.
A idea xurdiu do pontevedrés Dani Froiz, que se puxo en contacto con María Zamora para abordar esta adaptación. Será o seu terceiro proxecto en común, tras dúas longametraxes: ¿Qué hicimos mal?, de Liliana Torres; e Matria, de Álvaro Gago.
Os dereitos de Miss Marte adquiríronos entre ambos.
A 'biblia' da serie e o guion do seu episodio piloto é obra do guionista Eduard Sola.
Miss Marte, ambientada en Galicia durante o transcurso duns 25 anos, é a historia acerca da misteriosa desaparición dunha nena a principios da década dos 90, que se esfuma sen deixar rastro durante a voda da súa nai.
Vinte e cinco anos despois, unha xornalista disponse a rodar un documental sobre o suceso e entrevista a todos os que aínda lembran o que pasou, reescribindo o relato dun día que cambiou para sempre a vida de todos eles.
Os responsables da serie están en negociacións con varias plataformas para vender os dereitos de emisión desta ficción, pensada inicialmente con capítulos de media hora, narrados cada un deles desde a perspectiva dun personaxe diferente.
María Zamora, que actualmente se atopa en Cannes como membro do xurado da Semana da Crítica, avanzou que, a serie "non estará baseada en por que desapareceu a nena senón na forza e carácter de todos os seus personaxes".
Relacionadas:
-
A Berlinale abre a porta ao cine pontevedrés: "Matria" de Álvaro Gago competirá no festival
Por Alejandro Espiño |
-
'A Foreing Song, unha canción estranxeira', producida por Matriuska, mellor película española no Festival Internacional de Gijón
Por Redacción |
-
Manuel Jabois: "Unha amizade pode soportar unha traizón. Unha dúbida erosiona todo moitísimo máis"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |