O Galegote Rock espalla a música en galego por todos os recunchos de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b86/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/626e7acd51-20220430-saiz-sala-karma-cabos-soltos-concierto-berto-008.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/479/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/626e7ab221-.jpeg)
© Cristina Saiz
A música en galego ecoou por todos os recunchos de Pontevedra durante o últimos tres días. Foi grazas a unha nova edición do festival Galegote Rock, que recuperou o seu formato habitual tras a pandemia, levando os seus concertos a bares e prazas da cidade.
A deste sábado foi a xornada central do festival, cunha ampla programación que, de maneira case ininterrompida, ofreceu ao público ata seis concertos e dúas sesións DJ.
O Campiño de Santa María foi un dos escenarios máis concorridos deste Galegote Rock coas actuacións de Eladio y los Seres Queridos, en sesión vermú; e dos grupos da Xeración Sónica, en sesión vespertina.
Pero ao longo do día, a música de Moucho, Zeltia Irevire ou Grampoder tamén atraeu a multitude de espectadores nos seus respectivos emprazamentos.
A Sala Karma vestiuse de gala para o concerto de Berto, que supuxo o broche de ouro a este festival gratuíto que, de novo, revalidou o seu idilio co público pontevedrés.
Nos días anteriores, tamén cunha masiva afluencia aos seus concertos, o Galegote Rock ofreceu as actuacións de Higw Paw, Copa Quenda, Os Silvestres e Ruxe Ruxe.
Tres días de música en galego 'non stop' coa volta do Galegote Rock
A música en galego ecoou por todos os recunchos de Pontevedra durante o últimos tres días. Foi grazas a unha nova edición do festival Galegote Rock, que recuperou o seu formato habitual tras a pandemia, levando os seus concertos a bares e prazas da cidade
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
O Galegote Rock muda de horarios e ubicación pola choiva
Por Redacción |
-
Xeración Sónica inicia a súa quinta aventura coa ilusión de facer de Pontevedra "un novo Liverpool"
Por Manu Otero |
-
Berto, High Paw, Ruxe Ruxe e Eladio y los seres queridos, protagonistas dos concertos do Galegote Rock
Por Raquel Currás Martínez & Diana Eiras |