Poio e Cambados acollen este sábado a proxección do documental "A virxe roxa"
Por Redacción
O Ciclo Mestre Mateo que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra celebrará este próximo sábado a súa segunda sesión coa proxección nos concellos de Poio, Cambados, Ponteareas, Redondela e Forcarei do premiado documental "A virxe roxa", a cinta gañadora do galardón nesta categoría.
O ciclo busca dotar aos concellos da provincia dunha programación audiovisual estable de cinema en galego exhibirá ao longo do ano o resto das películas premiadas e finalistas dos Mestre Mateo 2022.
Amais de "A virxe roxa" tamén proxectaranse nos próximos meses os documentais "A poeta analfabeta", "Welcome to ma maison" e "O gran Camiño" así como as longametraxes "Tres", a premiada, e as finalistas "Cuñados", "Jacinto" e "Malencolía".
A proxección do documental "A virxe roxa" terá lugar este sábado ás 20 horas no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados e no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio.
"A virxe roxa" leva á pantalla a historia dun suceso que conmocionou á España de 1933, o asasinato de Hildegart Rodríguez, de 18 anos, pola súa nai Aurora Rodríguez Carballeira, que lle asestou 4 disparos. Hildegart era unha nena prodixio da política, unha precoz intelectual e pioneira do feminismo en España. O filme, unha produción de Recrea Films, está dirixido por Marcos Nine, que tamén asina o guión xunto a Rocio González, e conta coas voces de Nerea Barros, Antonio Durán "Morris" e María Vázquez.
Relacionadas:
-
O Ciclo Mestre Mateo proxecta en Poio e Cambados a premiada 'Malencolía'
Por Redacción |
-
O Centro Cultural Xaime Illa proxecta este venres a película 'Cuñados'
Por Redacción |
-
A película documental "A poeta analfabeta" chega a Poio e Cambados
Por Redacción |
-
Novos Cinemas abre a súa sexta edición coa estrea de "A virxe roxa" de Marcos Nine
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |