O xornalista Valentín Carrera presenta o libro "Pescanova, crimen perfecto"
Por Redacción
O xornalista berciano Valentín Carrera presentou este luns na Galería Sargadelos de Pontevedra o seu libro de investigación Pescanova. Crimen Perfecto, sobre a "estafa piramidal de 3.650 millones fruto de las prácticas ilegales de Manuel Fernández de Sousa y su núcleo duro durante una década".
"Para acumular esa deuda de 3.674 millones de euros en diez años, similar al pelotazo de Banesto o de Rumasa, Pescanova se endeudó a un ritmo de 367 millones por año, un millón de euros al día durante 3.674 días, incluidos sábados, domingos y fiestas de guardar. Un millón diario en las alcantarillas financieras", di o autor.
Editado por Paradiso-Gutenberg e distribuído por Latorre literaria, trátase da primeira indagación de urxencia no caso Pescanova.
O libro de Valentín Carrera analiza as orixes familiares de Pescanova, "a las ubres del franquismo y del nazismo", o seu crecemento nun ámbito que o autor cualifica de "autoritario, machista y endogámico", explotando de modo colonial os recursos de países do Terceiro Mundo gobernados por ditaduras cómplices, cun consello de administración á medida de Manuel Fernández de Sousa e unha clase política cómplice.
Datos e documentos do sumario cos que o xornalista explica como durante as últimas décadas, "Sousa ejecutó desde Chapela una estafa sistemática creando más de 300 sociedades ocultas, instrumentales, sin ninguna actividad real, cuyo único fin era emitir facturas falsas para descontarlas en los bancos, obteniendo liquidez".