Concerto do grupo de música antiga La Guirlande no Liceo Casino dentro do programa da Sociedad Filarmónica
Por Redacción
As obras que se acometen no Teatro Principal, obriga á Sociedad Filarmónica de Pontevedra a realizar o próximo concerto da súa programación na sede do Liceo Casino na rúa Manuel Quiroga, grazas á cesión das instalacións que realiza a xunta directiva desta sociedade.
A cita será este xoves 17 de marzo, ás 20.30 horas, para persoas asociadas á Sociedad Filarmónica. A actuación será do grupo especializado en música antiga La Guirlande.
Esta formación, integrada por catro músicos, foi galardoado polo Premio XEMA 2018 ao Mellor Grupo Novo; tamén obtivo o segundo galardón nos premios CREAR18 a Novos Talentos Aragoneses; e foi gañador de varios concursos internacionais.
La Guirlande ofrece música do século XVIII e XIX con papel protagonista para a frauta. Os integrantes utilizan instrumentos orixinais ou réplicas dos mesmos. A proposta desta agrupación é alcanzar unha interpretación do repertorio que se achegue á idea orixinal dos seus compositores.
No concerto de Pontevedra ofrecerá obras de virtuosos franceses no París do século XVIII.
Relacionadas:
-
A Real Filharmonía de Galicia interpretará en Pontevedra obras de Peter Sculthorpe e Jean Sibelius
Por Redacción |
-
A Orquestra Sinfónica de Galicia actúa este xoves en Pontevedra
Por Redacción |
-
Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dentro do programa 'Cultura por alimentos'
Por Redacción |
-
A finalización da reforma do Teatro Principal está prevista para antes do verán
Por Raquel Currás Martínez |
-
A mellora do Teatro Principal obriga a trasladar as actividades programadas a outros espazos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |