Santiago Paredes fai entrega dos dous modelos de cartel para o Entroido da cidade que comeza este venres
Por Redacción
O artista pontevedrés Santiago Paredes Cruz fixo entrega dos dous modelos de cartel que deseñou para o Entroido 2022, festas nas que Pontevedra se atopa as súas portas, ao comezar este venres, a programación oficial.
Paredes é un dos artistas novos máis polifacéticos e coñecidos da nosa cidade, movéndose en terreos que van desde a ilustración até a música, pasando polo deseño e a banda deseñada. O creador reuniuse co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e coa concelleira de Festas, Carme Da Silva, para poder compartir o proceso artístico que realizou ao longo das últimas semanas.
O pontevedrés revelou que desde neno sempre imaxinou a Ravachol como un loro xa maior, entrado en anos, e que pensou que sería interesante imaxinar como era antes deses días derradeiros, anteriores a historia popular que todos coñecemos. Así, Paredes recreou ese niño sobre unha rama de camelia onde o famoso loro nace e medra.
O segundo modelo de cartel ocorre un tempo despois, cando un lume ameaza a vida de Ravachol. Este logra fuxir, pero o seu niño queda destruído polas lapas. Ora ben, o artista considera que de seguro logrará facer outro en algures.
O alcalde da cidade valorou moi positivamente o traballo feito por Paredes, explicando que captou moi ben a esencia dese símbolo tradicional que é Ravachol, e que ademais logrou contar unha historia interesante e imaxinativa en apenas dúas ilustracións.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- 'Equipo Ja' celebra co seu pregón o regreso dun Entroido que "é máis necesario do que cremos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Praza de España engalánase para a primeira feira de doces de Entroido
Por Redacción |
-
Urco, rei do Entroido, volverá o 25 de febreiro a insuflar festa e tradición nas rúas pontevedresas
Por Redacción |
-
Só as murgas e Ravachol se salvan do tradicional Entroido pontevedrés
Por Alejandro Espiño |