Baiuca, Dubioza Kolektiv, SFDK, Zoo, Ladilla Rusa e Lendakaris Muertos, no Revenidas 2022

Por Redacción
O festival Revenidas xa avanza na súa edición de 2022, prevista entre o 7 e o 11 de setembro. Os organizadores agardan que poida ser un festival "normalizado" e xa empezaron a confeccionar un cartel que inclúe destacadas figuras da escena galega, estatal e internacional.
Baiuca, Dubioza Kolektiv, SFDK, Ladilla Rusa, Lendakaris Muertos e Zoo conforman o primeiro avance do cartel da súa 19 edición e as primeiras entradas sairán a venda este xoves 23 de decembro.
Será a partir das 12.00 horas do mediodía coa idea de posibilitar mercalas como agasallo de Nadal, unha petición realizada por numerosos seareiros do festival.
Os 100 primeiros abonos venderanse a un prezo de 35 euros. Os 400 seguintes terán un custo de 40 euros.
As entradas poderán adquirirse dende a web (www.revenidas.com) ou dende as redes sociais do festival. As persoas que dispoñan do Bono Cultura poderán utilizalo e mercar as entradas cun 50% de desconto no punto de venda físico.
Trátase dun cartel heteroxéneo que se combina a mestura de electrónica e música tradicional galega que levou a Baiuca a converterse nun dos nomes máis destacados da escena musical española de 2021.
A programación inclúe unha festiva e delirante fusión de hip- hop, reggae, dub, rock e folclore de Bosnia que propón Dubioza Kolektiv; a presenza de SFDK, unha das grandes referencias do rap español, con máis de 25 anos de traxectoria; ou o desenfado en clave de electropop de Ladilla Rusa.
O punk gamberro e fortemente comprometido de Lendakaris Muertos e a combinación de rap sobre beats electrónicos bailable e ritmos mediterráneos que caracteriza aos valencianos Zoo completan os primeiros nomes xa formados.
Estes últimos regresan tras participar xa no Revenidas 2021, pero seán dos poucos que repitan, para catro dos seis grupos que conforman este avance (Baiuca, Dubioza Kolektiv, SFDK e Ladilla Rusa) esta será a súa primeira visita a Vilaxoán.
Relacionadas:
-
Boikot, Boyanka Kostova, Gatibu ou SonDaRúa redondean o cartel do Revenidas 2022
Por Redacción |
-
Tanxugueiras e La Pegatina súmanse ao cartel do Revenidas 2022
Por Redacción |
-
Regresa o Atlantic Fest e confirma os concertos de Andrés Calamaro, Los Planetas y Fangoria + Las Nancys Rubia
Por Oskar Viéitez |
-
Kase.O, Rayden, Arnau Griso, Buhos, García Mc e Balkan Paradise Orchestra actuarán no SonRías Baixas 2022
Por Redacción |
-
O Festival Revenidas pecha a súa edición do 2021 cunha asistencia superior a 7.000 persoas
Por Redacción |
-
Revenidas volve a Vilaxoán con actuacións en tres escenarios
Por Redacción |