Volve o Festival das Núbebes con catro compañías galegas de "renome"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A oitava edición do Festival das Núbebes terá lugar o sábado 18 e o domingo 19, o sábado 25 e o domingo 26 de setembro, no Teatro Principal de Pontevedra.
Son dúas fins de semana consecutivas en setembro e con dobre función, unha pola mañá (12.00 horas) e outra de tarde (18.00 horas). As entradas poñeranse á venda para partir do luns e custan tres euros, os bebés tamén pagan.
Despois de ter que cancelar a edición do pasado ano, este festival de artes escénicas para bebés e familia volve nun formato máis reducido, debido ás limitacións que impoñen as medidas sanitarias implantadas con motivo da pandemia.
A programación de Núbebes esta conformada por compañías galegas de "renome" como son Caramuxo Teatro, Baobab Teatro, Rilo & Penadique e Cé Orquestra Pantasma.
A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou este xoves este festival que é "moi querido" na Boa Vila porque "conecta perfectamente co espírito da cidade" que "soa a cativos e cativas na rúa xogando".
A edil nacionalista segue debullando toda a programación municipal ata decembro do "Telescopio da Cultura" no que teñen un protagonismo "moi potente" todas as actividades dirixidas para o público infantil, no caso de Núbebes para os máis "pequerrechiños".
Carme Fouces destacou o "gran nivel" que ofrece sempre este festival de artes escénicas coidando aos espectadores "desde bebés" de modo que nos espectáculos infantís posteriores de teatro, danza ou narración "teñen que ter uns estándares bastante altos" porque xa desde Núbebes "estamos a educar ao público para esixir niveis de calidade importantes".
Ese é o motivo tamén polo que o Concello ten moito "coidado" cando programa para público adulto porque "o que triunfa noutros sitios aquí... o público pontevedrés é moi esixente", comentou Fouces.
Relacionadas:
-
Tres espazos e máis aforo por espectáculo, as novidades do regreso do Festival das Núbebes
-
Ponteatro programa seis obras no Principal e no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
O Festival das Núbebes abre a venda de entradas para os espectáculos desta fin de semana
Por Redacción |
-
Volven as Matinés con Balthazar e Maika Makovski, pero no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
Tres ficcións e dous documentais para "reflexionar" sobre a realidade árabe
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra presenta o seu "telescopio cultural" cunha programación "de luxo" ata final de ano
Por Alejandro Espiño |