Organizan un picnic lúdico e cultural cheo de actividades para a segunda xornada de Faiponting
Por Redacción
Consulta toda a programación de la segunda xornada de Faiponting
Roteiros guiados, obradoiros, performances, baile, música e unha chea de propostas das que gozar en familia e incluso con mascotas, xa que o programa contará con actividades nas que os cans son os principais destinatarios. ÿ o que ofrece a segunda xornada de actividades Faiponting, continuación do proxecto que se iniciou en xuño e que prentende dar a coñecer en profundidade o complexo Pazo da Cultura Illa do Covo.
Tal e como destacou a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, "queremos implantar un modelo moi establecido en Europa, facendo coexistir estes espazos de deporte e lecer coa cultura e o arte, gozando simultáneamente de ambos nunha xornada con familia ou amigos". De ahí que tras o éxito da primeira edición e tentando de que a experiencia sexa mellor, o programa proponse dentro do marco dunha xornada de picnic, na que haberá postos de comida.
Entre as actividades que invitan a romper a barreira psicolóxica de cruzar as pontes e adentrarse na outra beira do río, destaca unha nova oportunidade de participar no Roteiro Guiado Pazo - Illa, no que da man dos irmáns Itziar e Santiago Ezquieta e Ramón Rozas percorreranse os recunchos máis descoñecidos e máxicos do Pazo, as pezas que se atopan na Sala de Exposicións e as esculturas que adorna a Illa do Covo.
"A experiencia do roteiro anterior demostrou que moita xente non coñece o significado das pezas da Illa, nin a intencionalidade do artista ao colocalas nun lugar determinado, do mesmo xeito que se sorprenden ao atoparlle unha xustificación ao complexo formado polo Pazo da Cultura e o Recinto Feiral", sinalou Anxos Riveiro.
Dentro do completo programa, as mascotas terán un lugar privilexiado. Emulando experiencias realizadas en outros países, a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, preparou un concerto interactivo no que poderemos comprobar como os cans responden aos estímulos musicais. Do mesmo xeito e para inmortalizar esta xornada tan especial, o alumnado do Garaxe Hermético, realizará bandas deseñadas dos cans e os seus donos.
Obradoiros de carácter familiar, incluso algún no que se compite por familias ou grupos, de instrumentos musicais, de natureza para coñecer as aves que viven na illa e reproducilas empregando materiais de refugallo, de baile ou performance a cargo do Centro Coreográfico Galego, a Escola de Danza Débora ou o artista flamenco Isaías Salazar, forman parte tamén desta segunda xornada de Faiponting.
A música terá tamén un protagonismo especial coa actuación da orquestra de cámara de Lira que preparou un espectáculo coa Escola de Danza Débora, o espectáculo Na punta do pé de Pesdelán ou co concerto conxunto de dúas bandas de rock: Gold & Colt e Querido Extraño.
Todas estas actividades son de balde, pero algunas delas requiren inscrición previa. Para apuntarse hai que achegarse ás oficinas do Pazo da Cultura, a partir do luns 30 en horario de 08:30 a 14:30 horas.
Relacionadas:
-
O Faiponting converte á Illa das Esculturas no Parque da Familia
Por Oskar Viéitez |
-
A Illa das Esculturas rexistra un abarrotamento de público co "Faiponting"
Por Redacción |
-
'Pásate ao outro lado': disfruta da experiencia Faiponting
Por Alejandro Espiño |
-
Este domingo 'faiponting' na Illa das Esculturas e no Pazo da Cultura
Por Redacción |