A felicidade de ser maior a través de imaxes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5241c2fa42c0f-006.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5241c325b0945-005.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5241c4e45ec82-007.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Dende este martes 24 nas salas de exposicións do Café Moderno pódense ver 27 imaxes das actividades que os socios do Centro de Maiores de la Fundación Novacaixagalicia de Pontevedra viñeron realizando ao longo do ano.
A mostra presentada pola coordinadora destes centros, Ana María Doval e pola responsable do espazo en Pontevedra, Bernardette Lindín, conta con fotografías en cor e un vídeo de catro minutos que recolle os mellores momentos das sesións de maquillaxe, peiteada, baile e situacións divertidas.
Baixo o título Por fin é maior! inténtase transmitir os aspectos positivos do envellecemento activo. O Centro de maiores de Pontevedra da Fundación leva 13 anos en funcionamento e reúne persoas dende os 55 ata máis de 90 anos.
A través de actividades sociais e culturais nas que non faltan o ioga, a pintura, o teatro o baile ou a masaxe ou a podoloxía, os socios estimulan tanto o corpo coma a mente. Así o comentaban dúas das mulleres que posaron para as fotografías desta mostra, Loly Cendón e Teresa Cereijo, que sinalaban na presentación que estas actividades son a mellor fórmula "contra a depresión".
A exposición pode visitarse ata o 26 de outubro, de luns a venres de 17:30 a 20:30 e os sábados de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:30 horas.