Matriuska busca figurantes para participar en "Las altas presiones", a nova película de Ángel Santos
Por Redacción
Matriuska Producciones atópase en plena preparación da película Las altas presiones, o novo traballo do marinense Ángel Santos. Tras buscar localizacións para rodar as súas escenas en exteriores en Pontevedra, puxeron en marcha unha convocatoria aberta para buscar figurantes para as escenas que se roden na cidade.
En concreto, a produtora pontevedresa busca persoas de todas as idades que queiran participar como figurantes na película. Principalmente sería para escenarios da propia cidade, como a praza da Verdura ou a da Peregrina. Necesitan adolescentes, xente nova e señores de 45 ata 70 anos, aínda que apuntan que calquera outro perfil será bienvenido.
Desde Matriuska destacan que as persoas que participen poderán vivir desde dentro unha rodaxe profesional e en 16 milímetros, o que, debido ao auxe da grabación dixital, é moi pouco común na actualidade. Ademais poden acudir en grupos, cos amigos ou coa familia.
A xente que queira apuntarse debe escribir a matriuska@matriuska.com enviando o seu teléfono de contacto e unha fotografía ou chamar ao 633086140 en horario de oficina.
Relacionadas:
-
As altas presións do pontevedrés Ángel Santos, Premio Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla
Por Redacción |
-
Corea do Sur acollerá a estrea mundial da película "As altas presións" de Ángel Santos
Por Redacción |
-
'Las altas presiones' comeza a rodarse na Praza da Verdura
Por Redacción |
-
Pontevedra, un estudio dentro dun estudio na última produción de Matriuska
Por Natalia Puga |