Pontevedra, un estudio dentro dun estudio na última produción de Matriuska
Por Natalia Puga
Chegan a Pontevedra procedentes de Madrid para ensaiar escenas da súa próxima película, revisar localizacións e, sobre todo, empaparse das súas rúas e o seu ambiente. Ángel Santos está de regreso á casa. Natural de Marín, nos últimos tempos a súa vida profesional está máis enfocada na capital. Andrés Gertrudix vén con ollos de visitante, pero cun reto de asimilar a cidade como súa. Madrileño de orixe, no seu próximo proxecto cinematográfico o seu papel será o dun pontevedrés que se reencontra coas súas orixes.
Ángel Santos é o director da nova película da produtora Matriuska, do pontevedrés Dani Froiz. Andrés Gertrudix é o seu actor protagonista. Será a produción máis pontevedresa da filmografía de todos eles. Nela, a cidade cobra gran protagonismo. Pontevedra converterase en outubro no estudio central da película, pero cunha singularidade, será un estudio dentro dun estudio. Las altas presiones é unha película en cine que fala sobre o mundo do cine e unha película rodada en Pontevedra que conta como se roda en Pontevedra.
Miguel vive en Madrid, acaba de entrar nos 30 e arrastra un recente desengano sentimental. Traballa habitualmente para unha produtora de cine. Escribiu un guión que presentou ao seu xefe, coa que mantén unha relación fóra do ámbito laboral. Ela non está interesada na historia, pero si lle encarga viaxar a Pontevedra, a súa cidade natal, para rexistrar en video as localizacións dunha nova película. Nesta ficción, Miguel volve á casa e na realidade Ángel Santos volve á casa e roda en espazos que forman parte da súa propia vida.
A Verdura, o río e o Liceo Mutante cobran protagonismo nunha película que "se articula en relación con los espacios"
Este regreso ás orixes é un paso que xa "apetecía" ao director, "ya había ganas de jugar en casa" por primeira vez na súa carreira. E o coñecemento do terreo no que roda lle permite guiar ao actor protagonista, axudar a Andrés Gertrudix a meterse no papel. A pouco máis dun mes de que empece a rodaxe (está previsto para a primeira semana de outubro e durará sobre un mes), guíao na súa visita por Pontevedra para que percorra algúns dos escenarios, como terá que facer cando se meta no papel de Miguel.
Como farán na ficción, a praza da Verdura é un punto de encontro, "como para todos en Pontevedra, ¿no? ", fan bastante ruada pola zona máis nova da cidade e cobran importancia o río, as pontes sobre o Lérez e o Liceo Mutante, "un local que tiene mucha energía". As localizacións de Las altas presiones complétanse coa estrada Pontevedra-Vigo, uns días de rodaxe en Madrid e unha semana en Portugal, "donde el protagonista podrá desconectar de todo".
Ángel Santos e Andrés Gertrudix percorreron na última semana todas estas situacións porque o espazo é unha das fichas claves na fita. "La película se articula en relación con los espacios", explica o director, que leva xa tres anos traballando con este guión, un ano coa produción. O actor leva varios meses de preparación e ten o seu papel ben asumido, conta como vivencias propias as que vivirá como Miguel na ficción, na que"se reencuentra con su gente, visita a viejos amigos, se reencuentra con su ciudad y consigo mismo". Esta implicacion demostra que o director acertou cando decidiu que "el protagonista no tenía cara, hasta que fue la de Andrés y ya todo encajó".
Non é unha película de denuncia social, pero"las estructuras sociales están ahí, no te puedes abstraer"
Las altas presiones non nace con aspiracións de película social ou política, pero a actualidade respírase en ella, "las estruturas sociales están ahi, no puedes huir de ellas", segundo Andrés. "No te puedes abstraer. Al fin y al cabo es una crónica de nuestro tiempo", describe Ángel Santos. Ve "bonito que la película se empape del momento de crisis económica" e non entendería unha película como esta sen tomar partido, sen adoptar "una posición ética ante la vida". No día a día desta historia está o trasfondo do momento actual e, ao final, en palabras de Andrés, "lo pequeño se hace grande, lo local se convierte en universal" e a situación da sociedade española acaba aparecendo.
Ao ser unha película que fala sobre o mundo do cine, tamén a realidade actual do sector está moi presente, falan. No que a Ángel respecta, "me parecería raro no hacerlo en este momento" e retrata as "dificultades" dun mundo, o audiovisual, que non atravesa polo seu mellor momento e esta película é un bo exemplo.
ÿ o "presupuesto más ambicioso" que tiveron Matriuska e Ángel Santos na súa carreira e, malia todo, "es bajo para los estándares de hace unos años", o que obliga a "ajustar cada céntimo y a un esfuerzo mayor", pois "las necesidades y ambiciones son las mismas"e non queren filmar en dixital, senón en cine. Ademais, Andrés ve como "una gran responsabilidad estar rodando en este momento en el que muchos no pueden hacerlo".