#Aportapechada amosa a parte "invisible" do Museo de Pontevedra
Por Redacción
O espazo #Aportapechada do Museo de Pontevedra ofrece unha visita aos fondos desta institución da man da conservadora de Fondos Artísticos Natalia Fraguas, que ensina no vídeo como é unha das salas de reserva e explica para que serven.
Estes espazos non son accesibles para as visitas e neles atópanse pezas de notable valor, pero que se atopan nesta zona pola imposibilidade de que formen parte da exposición permanente por falta de espazo, por cuestións organizativas ou, como sucede no caso do Museo de Pontevedra, pola rehabilitación dos edificios históricos, que obrigaron a trasladar diferentes obras a estas dependencias.
Ademais, tamén existen casos de pezas que se gardan nestas salas de reserva porque precisan dunhas condicións de conservación específicas, segundo explica Natalia Fraguas. Nestas zonas realizan as súas tarefas profesionais como os conservadores e restauradores, encargados de preservar estas obras artísticas para que poidan manterse na mellor situación de fronte ao futuro.
Durante o vídeo, a especialista ofrece unha visión de complementos de moda e pezas téxtiles, que se atopan nestas salas do Museo, conservadas nas mellores circunstancias.
Relacionadas:
-
Remata o espazo #aportapechada cun achegamento aos Gravados de Goya gardados no Museo
Por Redacción |
-
Arturo Souto, artista pontevedrés líder do grupo dos Renovadores, é o protagonista de #aportapechada do Museo
Por Redacción |
-
Coñece as singularidades do Edificio Sarmiento a través de #aportapechada do Museo
Por Redacción |
-
Chega a Pontevedra a mostra 'Facer camiño' como metáfora do proceso creativo
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Coñece o "sorriso bobo" do sepulcro de Suero Gómez de Soutomaior en #aportapechada do Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
#Aportapechada do Museo amosa como se restaura unha obra artística atacada por insectos
Por Redacción |
-
Un cepo de áncora romana aparecido na ría de Pontevedra, protagonista de A Porta Pechada do Museo
Por Redacción |