![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1c4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5f9fe467d4-restauracion-diaz-balino.jpg)
© Museo de Pontevedra - Deputación de Pontevedra
#Aportapechada do Museo amosa como se restaura unha obra artística atacada por insectos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7c8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5f9fe435db-del-campo-presenta-restauracion-obra-diaz-balino-01.jpg)
© Museo de Pontevedra - Deputación de Pontevedra
Como en todos os inicios de semana, o apartado #Aportapechada do Museo de Pontevedra, dependente da Deputación, ofrece nas redes sociais unha mostra de obras que se atopan nesta institución. Neste primeiro luns de novembro, o espazo céntrase nos traballos de restauración dunha obra pictórica.
A restauradora de pintura Mercedes del Campo mostra como levou a cabo a recuperación do fresco 'O eterno pelegrín quen xamais atopará a súa Compostela', obra de Camilo Díaz Baliño.
Ao longo dun vídeo de máis de oito minutos explícanse os pasos adoptados para recuperar esta pintura doada ao Museo. A obra, pintada, en 1914 ofrece a un home sentado, vestido de peregrino, cun fondo no que figuran cipreses e unha paisaxe de construción relixiosa.
Del Campo explica que inicialmente o equipo de restauración analiza a pintura para comprobar que pasos se deben de seguir. Neste caso, o cadro viña moi escurecido con numerosos puntos negros, pertencentes a excrementos de mosquitos.
Ao iniciar o traballo desmóntase o marco e o bastidor, que tamén presentaba ataques de insectos xilófagos, que se alimentan de madeira, e se che achegan uns bordos postizos, teas preparadas para traballar sobre a pintura. A partir dese momento elimínase o varniz oxidado e vanse realizando diferentes actuacións segundo a cor da obra, calculando ata que puntos débese actuar na limpeza para que quede completamente restaurada.
A pintura estará a finais de abril de 2021 formando parte da exposición permanente para ser visitadas nas salas do Museo de Ponteverda.