A Orquestra Clásica de Vigo cancela o concerto deste domingo na Carballeira de Caldas pola chuvia
Por Redacción
A Carballeira de Caldas de Reis ía ser o escenario, este domingo 16 ás 20:00 horas, dun novo evento do programa 'Música no Ar' que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha co obxectivo de incentivar a cultura en vivo despois do estado de alarma e confinamento.
Deste xeito, a sección de percusión da Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá o concerto en vindeiras datas, aínda por determinar por parte da Deputación Provincial.