A directora Belén Funes, gañadora dun Goya con 'La hija de un ladrón', entre o xurado internacional do FICBUEU
Por Redacción
O romanés Bogdan Mureșanu, a portuguesa Leonor Noivo e a catalá Belén Funes conforman o xurado da Sección Internacional da Festival de Curtametraxes de Bueu, FICBUEU, que este 2020 chega ao seu décimo terceira edición. Todos eles mantenian este martes a súa primeira reunión virtual para estes efectos e a eles corresponderá poñer nome aos gañadores da Ánfora de Ouro, a Ánfora de Prata e once premios técnicos.
Mureșanu ten experiencia en literatura, publicidade e cinema. Ademais de ser o gañador da Ánfora do FICBUEU na súa pasada edición, en 2019 tamén obtivo múltiples premios internacionais como no Festival de Curtos de Clermont- Ferrand, ou no European Film Awards con ' Cadoul de Cră ciun'. Leonor Noivo é directora, produtora e guionista con traballos como ' Setembro', ' Tudo ou que imaxino', ' Raposa' ou 'A fábrica de nada' premio da crítica en Cannes. Finalmente a catalá Belén Funes, cuxa produción pasou polo FICBUEU, fíxose o ano pasado cun Goya na súa primeira longametraxe 'La hija de un ladrón'.
Ademais deste xurado internacional, para esta edición do Festival que se celebrará entre o 11 e o 19 de setembro, contarase con outros tres xurados para o resto de seccións en competición. Lidia Fraga, guionista e realizadora; María Fandiño, responsable de vestiarios e o músico e compositor Xavi Font, serán os encargados de escoller os mellores curtas galegos e españois.
Para a categoía de curtametraxes experimentais contarase con tres directores galegos: Diana Toucedo, Xisela Franco e David Fidalgo. Ademais, os traballos cinematográficos que se presentan e corresponden a centros educativos, tamén serán valorados por técnicos do sector e que nesta edición corresponde ao realizador Anxo Santos, a directora de fotografía Beatriz Pereira e unha profesora, Begoña Paz.
Relacionadas:
-
A décimo terceira edición do FICBueu chega con estritas medidas de seguridade e o dobre de proxeccións
Por Redacción |
-
Xa poden mercarse as entradas e abonos para o FICBUEU 2020
Por Redacción |
-
A actriz Melania Cruz, Premio Cinema Galego do FICBUEU
Por Redacción |
-
59 dos 80 filmes seleccionados no FICBUEU 2020 estréanse en Galicia
Por Redacción |
-
O FICBUEU contará cun maior número de pases para compensar a redución de aforo polo Covid
Por Redacción |