Proba a facer pasatempos sobre a colección de Prehistoria e historia antiga do Museo de Pontevedra
Por Redacción
A páxina web do Museo de Pontevedra puxo en marcha unha nova iniciativa. Trátase dun pasatempo encrucillado sobre a colección de Prehistoria e Historia Antiga que se atopa nas súas instalacións.
Esta iniciativa inclúese dentro das ofertas lúdicas de 'O Museo en familia' que desde a institución dependente da Deputación de Pontevedra están a levarse a cabo para facer máis entretido o período de confinamento establecido con motivo do estado de alarma pola expansión do Covid-19.
Este pasatempo ten como finalidade encaixar vinte palabras relacionadas en xeral con temáticas das etapas prehistórica e de historia antiga en relación coas salas de arqueoloxía do edificio Sarmiento. Débense atopar termos relativos a épocas e períodos, a técnicas de tratamento de materiais, deuses, monumentos e cámaras funerarias. Establécese un apartado de autocorrección para facilitar a realización desta proposta.
Nos próximos días tamén se ofrecerá unha actividade con recortables e motivos pictóricos relacionados coa colección do Museo, elaborado tamén polo equipo educativo da institución.
Relacionadas:
-
O Museo de Pontevedra reabrirá prorrogando as exposicións de 'Leopoldo Novoa' e 'Debuxantas'
Por Redacción |
-
O Museo organiza contos virtuais para os pequenos durante o mes de maio
Por Redacción |
-
O Museo propón xogar coa ‘vestimenta’ das súas obras de arte
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra apúntase aos retos das redes sociais e anima a recrear cadros
Por Redacción |
-
Xogando co Museo a buscar as dez diferencias en obras de Castelao
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo invita á rapazada a personalizar as pezas da mostra "Debuxantas"
Por Redacción |