Castelao é o protagonista do Día do Libro no Museo de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Museo de Pontevedra e o Arquivo Provincial celebrar o Día do Libro con senllas xornadas dedicadas á figura de Castelao e á literatura galega. No primeiro tenian previsto realizar unha lectura dun relato do literato galego e a segunda a través da publicación da listaxe das novas adquisicións por parte da Biblioteca Provincial.
A elección do Museo é "O pai de Migueliño", pertencente ao segundo libro de Cousas (1929). O relato vai acompañado dunha ilustración para colorear que os pequenos poderán enviar ao correo electrónico do museo. O obxectivo é que os nenos fagan a súa propia versión do conto que orixinalmente facía referencia á emigración e interpreten como vería actualmente Migueliño ao seu pai.
Dúas das novas incorporacións ao catálogo da Biblioteca Provincial teñen relación coa última figura recoñecida no Día das Letras Galegas e son: Ricardo Carvalho Calero: ou anxo dá terra, de Rabuñal (2020) e Carvalho Calero: vida e obra dun ser polifacético, de Dacosta López; Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra: 1936-1966, de Regueira (2020).
Tamén engaden outros títulos como: O soño crebado: da República á Guerra civil en Vigo e a súa bisbarra, Estudos sobre o Foro de Pontevedra: 1169, Emilia Pardo Bazán: la escritora en Miraflores, Crónicas de Pontevedra: volumen III, O humorismo gráfico de Castelao, Rosalía de Castro: obra poética e manuscritos, Son de Galicia: os coros galegos, As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade: roseiras e paxariños nas cantigas dun serán, Olimpia Valencia: ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera. Instituto de Estudios Vigueses, Os exvotos na relixiosidade popular galega: a súa dimensión patrimonia, Verbas tecidas con encaixes: dicionario histórico, etnográfico e literario do encaixe galego, María Vinyals, la mujer del porvenir: siete vidas bajo la sombra de un castillo, A Casa del Maestro de Pontevedra (1934-1936): Organización Societaria e Depuración do Maxisterio e Heichas contar: contribución ao corpus mitolóxico galego.