A Aula Castelao adía a outono a celebración da Semana Galega de Filosofía
Por Oskar Viéitez
A Aula Castelao decidiu adiar a celebración da XXXVII Semana Galega de Filosofía, adicada ao estudo da Filosofía e Civilización Dixital, prevista entre o 13 e o 17 de abril.
A situación actual, motivada polo COVID-19 non fai viable a celebración nas datas sinalada e a organización está a traballar xa para reubicala.
A súa intención é manter o programa mais non é viable confirmar as novas datas, xa que están pendentes da dispoñibilidade dos relatores e tamén do Teatro Principal, que conta en estado normal cunha abundante actividade que medrará ao ter que recolocar eventos previstos para estas semanas de confinamento.
Ao evento que probablemente teña lugar a principios de outono tiña previsto contar coa asistencia de Andoni Alonso, Victoria Sendón ou Antonio Rial Boubeta, entre outros.
Relacionadas:
-
Segundo adiamento da Semana Galega da Filosofía pola Covid-19: "Non se podería levar a cabo coas garantías suficientes"
Por Redacción |
-
A Aula Castelao recupera en YouTube parte do seu arquivo histórico
Por Redacción |
-
A Pontevedrada, aprazada sen data por precaución ante o coronavirus
Por Redacción |
-
Unha Semana de Filosofía para analizar de que modo as novas tecnoloxías transformaron a vida das persoas
Por Oskar Viéitez |