Alfonso Zarauza mostra en Novos Cinemas as primeiras imaxes da súa longametraxe "Ons"
Por Redacción
Novos Cinemas continúa asolagando de proxeccións e conferencias sobre a sétima arte a cidade de Pontevedra. Para este venres está programada a exhibición de tres curtametraxes, charlas con cineastas novos e experimentados, o visionado de tres longametraxes que participan no certame e un novo achegamento á carreira do director belga Bas Devos.
Pero o evento máis esperado da xornada é a mostra, en primicia, das primeiras imaxes da montaxe de Ons, que presentará o director da cinta, Alfonso Zarauza.
O comezo da xornada está previsto para as 11.00 horas no Museo de Pontevedra cunha sesión para alumnos da ESO e Bacharelato na que se proxectarán tres curtas do candidato aos Goya, David Fidalgo. Á mesma hora na Casa dás Campás continuarán os Encontros, no que os profesionais de #LAB serán os protagonistas para expoñer a súa visión sobre o desenvolvemento de proxectos cinematográficos a nivel internacional.
No Teatro Principal ás 12.30 horas terá lugar a proxección de La educación sentimental, obra de Jorge Juárez e participante na sección Latexos. Despois, na Casa dás Campás, poderanse ver as primeiras imaxes da montaxe de Ons, a última longametraxe de Alfonso Zarauza. Ás 13.30 horas, na Casa da Luz está previsto unha sesión vermú cos integrantes de CREA, unha asociación de creadores audiovisuais para o intercambio de ideas e opinións no ámbito cinematográfico independente.
Pola tarde, ás 16.30 horas, o cineasta belga Bas Devos volverá ser protagonista por segunda xornada consecutiva coa proxección da súa película Hellhole, na que narra os problemas que teñen que afrontar un médico flamenco, un mozo alxerino e unha muller italiana despois dos ataques terroristas de Bruxelas do 2016.
Ás 19 horas, dentro da sección Oficial, estréase Giraffe, de Anne Soffie, unha historia que narra a vida de Dara, unha etnoóloga alemanta que tras a construción dun túnel que unirá Dinamarca e Alemaña chega á zona para documentar as vivienras que serán derrubadas.
O punto e final do día está fixado para ás 21.30 horas coa exhibición da longametraxe Ne croyez surtout pas que je hurle, do francés Frank Beauvais, ambientada nunha historia de amor que non saíu ben.
Relacionadas:
-
O reparto e o director Alfonso Zarauza presentarán 'Ons' na apertura do Culturgal, antes da súa estrea nas salas comerciais
Por Redacción |
-
A proxección de Longa Noite, a última longametraxe de Eloy Enciso, pecha Novos Cinemas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Así será o sábado en Novos Cinemas...
Por Redacción |
-
RADIO.- A Playlist de Alfonso Zarauza: ' Hai que foderse!' 25 anos despois
Por Marisa Ciordia |
-
Novos Cinemas inicia o ciclo de Encontros e continúa coas proxeccións
Por Redacción |
-
Pontevedra desprega a alfombra vermella para inaugurar a edición 04 de Novos Cinemas
Por Redacción & Diego Torrado |