'Alma de pobo', o concerto da BMP e o Coro "A Xunqueira"
Por Diego Torrado
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu este domingo un novo concerto da Banda de Música de Pontevedra (BMP) co seu director titular, Rafa Agulló Albors.
Nesta ocasión a BMP contou coa colaboración do Coro "A Xunqueira" de Pontevedra nun espectáculo que bautizaron coma 'Alma de pobo'.
O programa do concerto incluíu composicións procedentes do folclores francés, irlandés, español, africano e galego.
O coro do IES A Xunqueira I de Pontevedra ven de quedar terceiro no concurso nacional celebrado o pasado mes de outubro no Auditorio Nacional de Madrid. A formación que dirixe a profesora María Luisa Sánchez gañou o Concurso Nacional de Coros Escolares que convoca o Ministerio de Educación no ano 2018.