Leo Bassi e Xoel López, protagonistas nas festas de San Roque
Por Almu Dapena
As Festas de San Roque en Vilagarcía continúan cunha axenda cargada de actos culturais, lúdicos e musicais para o mércores 21 de agosto.
Por unha banda, o cómico italiano, Leo Bassi, será un dos protagonistas da xornada. Ás 12:00 horas no Auditorio de Vilagarcía, fará unha conferencia debate de maneira gratuíta sobre 'El Teatro como herramienta política,' e ás 21:00 horas, realizará o espectáculo 'Yo, Mussolini', no que fai unha crítica ao fascismo e á ultradereita a través do humor.
O toque musical poñerao Xoel López cun concerto gratuíto no Parque da Xunqueira a partir das 23:00 horas, no que fará un repaso por toda a súa traxectoria musical.
Ademais, as rúas encheranse a partir das 11:00 horas de espectáculos do Festaclown e pasacalles a cargo de grupos folclóricos do municipio que percorrerán a Praza de Galicia e o centro de Vilagarcía.
Para o espectáculo 'Yo, Mussolini, é necesario adquirir as entradas a través de https://www.eventbrite.com/ ou no despacho de billetes do auditorio a partir das 19:00 horas. O prezo é de 8 euros de maneira anticipada e de 10 euros na billeteira.
Relacionadas:
-
Esgotadas en tempo récord as entradas para o concerto de Xoel López en Poio
Por Redacción |
-
Vilagarcía anuncia a temporada de teatro no Auditorio, reducido a un terzo do seu aforo
Por Redacción |
-
Vilagarcía queimará 690 quilos de pólvora no combate naval cun castelo que gana en dimensións
Por Redacción |
-
Blas Cantó, ex Auryn, presenta este xoves o seu álbum 'Complicados' nas Festas de San Roque
Por Redacción |
-
Vilagarcía empápase de festa
Por Oskar Viéitez |