O concerto de Beret "lo peta"
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
O cantante sevillano Beret ofreceu en Pontevedra o concerto máis multitudinario das Festas da Peregrina, superando o abarrote rexistrado con Rozalén e á espera do que vaia a pasar este domingo con Lola Índigo.
Nin un alfinete cabía nunha Praza de España que Beret converteu nun gran karaoke, acompañando o público ao cantante e compositor en todos os seus temas, pero especialmente coas cancións "Te echo de menos", "Vuelve" y "Lo siento".
Durante todo o concerto e ata algo despois do seu remate houbo problemas de falta de cobertura como consecuencia do uso intensivo dos teléfonos móbiles por parte dos asistentes ao concerto e as súas ansias por subir a internet as imaxes do repertorio ofrecido por Beret.
Para ver este espectáculo houbo desde primeiras horas do sábado numerosa rapazada que agardaban en primeira fila fronte ao escenario, algúns deles desprazáronse desde distintos puntos de Galicia por ser fans deste ídolo do pop urbano. O público chegaba á metade das rúas Michelena,Riestra, o comezo da Alameda e mesmo polos laterais e a parte de atrás do escenario onde xa non era posible ver o espectáculo pero si escoitalo.
Os servizos sanitarios e Protección Civil tiveron que atender a numerosas persoas por desmaios, na súa maioría producidos polo abafo sufrido entre tanta xente durante tanto tempo.
Parece moi difícil pero veremos se este domingo Lola Índigo supera o listón, "yo ya no digo ná".
Relacionadas:
-
Noite en vela para ser as primeiras no concerto de Pol Granch
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Voltas e voltas nos "cochiños" para pór fin ás Festas da Peregrina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Concello estuda a posibilidade de instalar pantallas nos concertos pero ve "dificultades técnicas"
Por Redacción |
-
E con Lola Índigo a Praza de España volveu quedar pequena
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |