A música local deixa pegada na praza do Teucro
Jacobo Sainz, Liberad al Kraken, Cubo Metálico e Flava Bowl foron os primeiros catro seleccionados para subirse ao escenario instalado na praza do Teucro dentro do ciclo de concertos Son da Serea.
Estes novos artistas forman parte do Local de Música de Pontevedra e estas actuacións serven para a promoción dos intérpretes do municipio achegándoos a un público máis amplo aproveitando as festas de verán.
Este martes 30 vai desenvolverse unha nova sesión de concertos coas actuacións, a partir das 17.00 horas, de Anecoid, Fast Fuzz, Ashes of Eden e Anadhor. As actuacións serán tamén na praza do Teucro, con entrada libre.
Concerto do ciclo Son da Serea
Concertos de grupos e artistas locais como Jacobo Sainz, Liberad al Kraken, Cubo Metálico e Flava Bowl na praza do Teucro
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Jacobo Sainz: Unha guitarra con historia por un novo proxecto musical
Por Marisa Ciordia & Cristina Saiz |
-
Bandas locais protagonizan un 'Serán de tralla' en Mollavao
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Serán de Tralla será a primeira cita das bandas locais coas Festas de Verán
Por Oskar Viéitez |