O Serán de Tralla será a primeira cita das bandas locais nas Festas de Verán

Por Oskar Viéitez
O Local de Música de Pontevedra atópase inmerso nun "fervedoiro" de actividade no verán, segundo anunciou este martes o concelleiro Alberto Oubiña.
Cunha nova imaxe afronta unha nova etapa coa posta en marcha dunha web que dá unha gran multifuncionalidade aos usuarios e traballadores do local, ademais de ser unha excelente carta de presentación en sociedade.
Esta nova ferramenta dixital permite abrir itinerarios formativos para os usuarios e integrar novos programas como Cabos Soltos procurando ser un punto visible da hostalería da cidade.
Nun marco de grande actividade musical na cidade, o Local de Música marca varias citas para estas Festas de Verán.
A primeira é o Serán de Tralla. Será este sábado, 29 de xuño ás 18.30 horas no skatepark provisional de Mollavao. É un día onde a música e o deporte se misturan para facer unha gran festa, no que a mocidade reúnese para pór en valor o talento emerxente musical da cidade. As bandas que tocarán neste Serán de Tralla son: DabelaII, Daquela, Deliria Drama, Essa Galera, Fuzz Faces, Longfield, No te puto pilles, Proceso norte e Savage Wolf.
No calendario do Local de Música están marcadas en vermello as Festas da Peregrina, nas que Fondo Norte fará de teloneiro dos Tequila, mesmo están a ensaiar unha versión dun dos seus éxitos.
A última data sinalada é para o Son da Serea. As bandas de música local tocarán na praza do Teucro o 29 e 30 de xullo. Os grupos son Jacobo Sainz, Liberad al Kraken, Cubo Metálico, Flava Bowl, Anecoid, Fast Fuzz, Ashes of Eden e Anadhor.
Relacionadas:
-
A música local deixa pegada na praza do Teucro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Bandas locais protagonizan un 'Serán de tralla' en Mollavao
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Pontevedra, preparada para tres meses de festa "intensiva"
Por Alejandro Espiño |
-
As 'Peregrinas' completan cartel con Ana Belén, Lola Índigo, Tequila ou Furious Monkey House
Por Alejandro Espiño |
-
Rozalén, Beret e Iván Ferreiro actuarán nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |