Bandas locais protagonizan un 'Serán de tralla' en Mollavao
Nove bandas emerxentes de Pontevedra ofreceron este sábado un 'Serán de tralla' nas instalacións do skatepark provisional de Mollavao.
DabelaII, Daquela, Deliria Drama, Essa Galera, Fuzz Faces, Longfield, No te Puto Pilles, Proceso Norte e Savage Wolf foron os grupos que actuaron nesta festa organizada polo Local de Música de Pontevedra, onde ensaian todas estas bandas.
Foi, sen dúbida, unha xornada na que a música e o deporte mesturáronse para facer unha gran festa na que mocidade pontevedresa reuniuse para poñer en valor o talento emerxente musical da cidade.
Esta actividade supuxo o punto de partida do programa que o Local de Música organizou para os próximos meses.
O Son da Serea será a próxima cita. As bandas de música local tocarán na praza do Teucro o 29 e 30 de xullo. Os protagonistas, nesa ocasión, serán Jacobo Sainz, Liberad al Kraken, Cubo Metálico, Flava Bowl, Anecoid, Fast Fuzz, Ashes of Eden e Anadhor.
Ademais, a banda Fondo Norte fará de teloneira de Tequila, o sábado 10 de agosto, e mesmo están a ensaiar unha versión dun dos seus éxitos para tocala sobre o escenario da Praza de España como apertura das Festas da Peregrina.
'Serán de Tralla' coas bandas locais en Mollavao
DabelaII, Daquela, Deliria Drama, Essa Galera, Fuzz Faces, Longfield, No te Puto Pilles, Proceso Norte e Savage Wolf foron os grupos que actuaron nesta festa organizada polo Local de Música de Pontevedra, onde ensaian todas estas bandas
© Diego Torrado