A escritora Beatriz Maceda Abeleira vence no II Premio María Victoria Moreno
Por Redacción
O II Premio María Victoría Moreno foi para á autora Beatriz Maceda Abeleira, escritora galega que conta entre os seus traballos con obras como 'Cando John Lennon coñeceu a Valle Inclán' ou 'Man. o alemán de Camelle'.
O premio contempla unha dotación económica de 4.000 euros, que lle concede o Conello de Pontevedra. A obra será publicada por Urco Editora.
Os integrantes do xurado destacaban o compromiso que no traballo se mantén co ecoloxismo e tamén co público potencial: lectores que aínda se atopan durante os seus primeiros anos da adolescencia.
Na última tarde deste xoves, o xurado deste II Premio María Vitoria Moreno adoptaba esta decisión. O traballo gañador era presentado baixo o título de 'Ardora' e foi seleccionada entre 17 pezas presentadas a este certame A maioría dos traballos eran de carácter narrativo ou fantasioso.