O Canteira Fest, unha cita musical reivindicativa e feminista
Por Diego Torrado
Ata altas horas da madrugada do sábado ao domingo resoou en Paredes a música do Canteira Fest.
O evento é unha iniciativa colaborativa desenvolvida con éxito pola mocidade de Vilaboa.
Dende ben cedo a Canteira das Lapas contou cunha chea de actividades, primeiro para as crianzas como un concerto de Migallas, ou unha festa da escuma. E logo, a partires da noitiña, para a xente nova, da man de The Tetas Van, De Vacas, Sondarúa e The Lelli Kelly's.
O Canteira Fest demostrou ser unha cita musical ao tempo que reivindicativa e feminista.
Polo medio da xornada houbo un coloquio sobre as mulleres e a creación artística. Moitos dos asistentes pasaron todo o día na vella canteira e pensando en eles instaláronse varios postos de comida.