Vilaboa estrea esta fin de semana o festival musical Canteira Fest
Por Redacción
A canteira de Paredes acollerá este sábado 22 de setembro o primeiro Canteira Fest. É unha proposta musical nada en Vilaboa para público novo.
De Vacas, The Tetas Van, SonDaRúa, The Lelli Kellys e Sheila Patricia compoñen o cartel da primeira edición do Canteira Fest, que tamén contará cunha actuación musical do grupo Migallas e con actividades para todos os públicos, con festa da escuma, talleres ou coloquios sobre a muller na cultura.
Canteira Fest é unha cita musical que nace con clara vocación feminista e coa música en galego como eixo central. "Non atopamos outra forma de ser que ser feministas para avanzar nesta sociedade" aseguraba este luns Clara Bells, unha das organizadoras.
Xunto co tamén membro da organización Daniel Acuña, coa tenente de alcalde de Vilaboa, Ornela Fernández, e co deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, presentaron o Canteira Fest ataviados co que denominou
o "uniforme do festival", mandil e bata de cadros, en "homenaxe ás nosas nais e ás nosas avoas, e a esa Galiza matriarcal".
A programación completa foi presentada este luns na rolda de prensa celebrada na Deputación de Pontevedra, e é esta:
- 11.00 horas Presentación Canteira Fest
- 12.00 horas Sheila Patricia
- 13.30 horas Os meninos (Grupo especial de Domingos con encanto)
- 14.30 horas Jam Session
- 16.30 horas Actividades infantiles
- 17.00 horas Coloquio: A muller na cultura, con las artistas Isabel Risco, Tamara Andrés, María Costas y Xulia María
- 18.00 horas Festa da Escuma + DJ
- 20.00 horas Migallas
- 21.30 a 22.45 horas The Tetas Van
- 23.00 a 00.50 horas De Vacas
- 01.00 a 4.30 horas The Lelli Kelly`s
- 04.45 horas DJ
O Canteira Fest contará ademais cun punto violeta contra as agresións sexistas e haberá postos de artesanía e comida.