'Alí, a cabra e Ibrahim' pecha o ciclo de cine árabe Amal en Ruta
Por Redacción
O ciclo de cinema árabe 'Amal en Ruta Pontevedra 2018' chega a súa fin este sábado 8 de setembro coa proxección da comedia 'Alí, a cabra e Ibrahim'.
Esta longametraxe de ficción, de nacionalidade exipcia e dirixida por Sherif El Bendary, ofrece ao longo de 92 minutos unha divertida historia na que dous amigos emprenden unha viaxe terapéutica.
A película do ano 2016 conta como Ibrahim sofre ruídos no seu oído mentres Alí, pola súa banda, atópase secretamente namorado da súa cabra ao crer que a alma da súa noiva está reencarnada no animal rumiante. A súa travesía desde Alexandría ata o monte Sinaí provocará unha revolución nas súas vidas.
Amal en Ruta pecha o ciclo promovido pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e o Concello de Pontevedra que ao longo dos últimos días presentou algunhas das películas máis interesantes que pasaron pola Semana de Cinema Euroárabe Amal, que se desenvolvía en Santiago de Compostela en outubro de 2017.
A entrada a esta última proxección, que comezará ás 21.00 horas deste sábado 8, será libre ata completar o aforamento do Teatro Principal de Pontevedra
Relacionadas:
-
"Cairo Jazzman", un documental político musical
Por Redacción |
-
Un thriller abafante sobre o fundamentalismo islámico chega ao Principal con Amal en Ruta
Por Redacción |
-
Iraq a través dos ollos dunha espía británica
Por Redacción |
-
O Principal volve coa Mostra de Cinema Euro-árabe Amal en Ruta
Por Redacción |