"Cairo Jazzman", un documental político musical
Por Redacción
A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e o Concello de Pontevedra proxectan este venres, 7 de setembro, o documental político musical "Cairo Jazzman", cinta que forma parte do ciclo de cinema árabe "Amal en Ruta Pontevedra 2018", unha versión resumida da última edición da Semana de Cinema Euroárabe Amal, celebrada en outubro de 2017 en Santiago de Compostela.
Proxectarase ás 21:00 horas no Teatro Principal.
"Cairo Jazzman" é un documental político musical de produción alemá, dirixido en 2017 por Atef Ben Bouzid. A trama conta como o apaixonado Amr Salah, un compositor e músico de jazz exipcio, tenta organizar o Cairo Jazz Festival. Esta será unha empresa arriscada, non só pola súa limitada experiencia, senón tamén polo clima social cada vez máis intolerante. O filme convértese nun retrato atmosférico da capital exipcia.
Atef Ben Bouzid é un director e produtor alemán que comezou a súa carreira como xornalista de Euronews, AFP e ARD. Vive e traballa en Berlín. "Cairo Jazzman" é o seu debut como director.
Relacionadas:
-
'Alí, a cabra e Ibrahim' pecha o ciclo de cine árabe Amal en Ruta
Por Redacción |
-
Un thriller abafante sobre o fundamentalismo islámico chega ao Principal con Amal en Ruta
Por Redacción |
-
Iraq a través dos ollos dunha espía británica
Por Redacción |
-
O Principal volve coa Mostra de Cinema Euro-árabe Amal en Ruta
Por Redacción |