Daniel Arias (Pasajero): "ÿ importante ter os pés na terra. Cada pequena cousa que nos pasa, gozámola ao máximo"
Por Alejandro Espiño
Cando en 2012 editaron o seu primeiro EP, a revista Rolling Stone dixo deles que "este grupo dará moito que falar". E non se equivocaban en absoluto. Apenas un ano despois, Pasajero é unha das bandas máis prometedoras da escena 'indie' española. ÿ a segunda vez que vén a Galicia. "Estivemos en outubro dando dous concertos A Coruña e Vigo, teloneando a Havalina", explica o seu cantante, Daniel Arias, a PontevedraViva.
Iso si, é a primeira vez que o fan en solitario. Serán dous concertos, un na Sala Sama Sama de Vilagarcía (venres 10 de maio, 23.00 horas) e outro na Fábrica de Chocolate de Vigo (sábado 11 de maio, 21.30 horas). "Estamos desexando tocar, seguro que quedaremos con moi bo corpo", di Daniel. Aínda que claro, ter mánager de Ponte Caldelas e discográfica galega, Ernie Producciones, axuda a que se sintan como na casa.
A primeira pregunta é obrigada. Que imos atopar nestes dous concertos en Galicia?
Presentamos o noso disco. Agora mesmo estamos dándolle voltas á lista de cancións que tocaremos. Será o máis dinámico posible e intentaremos sorprender. De feito, hai un tema novo que non está incluído no disco e que tocaremos seguro. Vai ser algo moi interesante. Haberá moita intensidade e deixarémonos a vida. Ímolo a pasar moi ben, seguro.
Para aqueles que non vos coñezan, como describirías a música que facedes?
Sempre buscamos sons de rock, pero non ao uso. Xogamos bastante coas intensidades e as cores da música. Que as cancións varíen, unhas rabiosas e cañeiras e outras máis tranquilas. Pero iso non significa que sexan paradas. No disco ímolas intercalando. En realidade, todos somos así no día a día. Hai veces que estás acougado e de súpeto chega o teu xefe, tócache os ovos e poste máis cañeiro. Cústame definilo, pero sen dúbida, se teño que centrar un estilo, diría que somos unha banda de rock.
Tras un primeiro EP que logrou críticas fantásticas, presentades agora o voso primeiro disco: Radiografías. Equivócome se che digo que me parece un disco moi persoal, no que reflectides os vosos sentimentos, a vosa forma de ver a vida?
Así é. As letras das doce cancións contan cousas que nos pasaron na vida. ÿ o que nos motiva. Nós non nos imos polos cerros de ÿbeda nas nosas cancións. Son todas elas vivencias nosas. Baixámonos a cremalleira completamente.
"As letras das nosas cancións contan cousas que nos pasaron na vida. Baixámonos a cremalleira completamente"
Imaxínome que cho preguntaron moitas veces, pero non podo resistirme. O voso nome é moi peculiar, por que Pasajero?
Saíu de xeito fortuito. Estaba difícil porque hai moitos grupos. Démoslle moitas voltas ata que atopamos o nome que nos gustaba. A idea xurdiu dun libro que me atrapou, Superviviente de Chuck Palahniuk. O seu protagonista é un solitario pasaxeiro dun avión que narra a súa vida antes de que se estrele. Gustábame ese concepto, que a historia desas persoas quedase rexistrada na caixa negra. Pero encantounos tamén o significado poético. Que no fondo, o que somos é pasaxeiros que non deixamos de viaxar durante toda a vida. Creo que o espírito do grupo queda ben reflectido con este nome.
Todos os compoñentes de Pasajero sodes músicos cunha ampla experiencia. Como xorde o grupo? ÿ dicir, cando vos dades conta de que tiñades un proxecto que merecía a pena?
Josechu e eu coincidimos en Zoo. Cando a banda disolveuse seguimos tocando xuntos, aínda que de forma máis persoal. Compartiamos horas de local. Pensáramos en algo que el estaba moi ocupado co terceiro disco de Nudozurdo. Eu aproveitei o tempo para traballar en material, en cancións que puidesen estar listas para cando puidésemos poñernos con elas.
Vimos que a nivel musical faltábanos unha guitarra máis e probamos con Nahúm García. Foi o que tivemos ao principio, pero estaba moi ocupado e non puido continuar. Logo chegou Edu Martín que probou uns bocetos, dixo que lle gustaban e encaixaba connosco. Montamos moitos temas sendo tres. Logo vimos que nos faltaba un instrumento máis eléctrico. Preguntamos a varias bandas e atopamos a Edu R. Paynter. E aí, de momento, paramos.
Un quinto 'pasajero' sería Manuel Cabezalí (líder de Havalina e productor do disco)?
Sen dúbida. Tivemos moita sorte de que Manuel producise o noso disco. Estívonos apoiando desde o principio. Somos amigos desde Zoo e estivemos de xira con Havalina. Axudounos a organizar toda a produción e, sobre todo, a que soubésemos por onde empezar. Pero houbo outras persoas que tamén nos axudaron moito como Alex Ferreira ou Jorge González (Vetusta Morla). Coñeciámonos dos bares de Madrid e mostraron sempre moito interese en botarnos unha man.
Cónstame que o concerto que destes na sala Joey Eslava (Madrid) con Niños Mutantes foi moi importante para vós, pero tendes algo en mente que sexa igual de ilusionante?
Temos un par de cousas. Grandes plans que nos fan moita ilusión, estaría moi ben que saísen. Pero prefiro non comentalas porque dá mala sorte. No que sería o día a día, centrámonos en gozar de todo o que nos está pasando. Por exemplo, esta fin de semana. Coller a furgoneta, facer centos de quilómetros e vir tocar a Galicia. ÿ incrible ter un espazo no que tocar, que haxa alguén que queira que toquemos no seu local. Temos os pés na terra. Cada pequena cousa que nos pasa, gozámola ao máximo. ÿ importante facelo.
E en canto a temas novos? Traballades xa no seguinte disco?
Hai bocetos novos, pero iso non significa que pensemos xa en sacar un segundo disco. ÿ material que ten que ir madurando e algunhas desas cancións chegarán a ser editadas cando lancemos un novo disco. Pero no fondo escribo por adiantar traballo. Non me gusta xuntarme con tres melodías e non ter letra que poñerlle. Para iso son moi metódico. Teño que abrirlle a porta á inspiración, investir tempo de traballo. Sentarme e darlle voltas ás cousas ata que diga, iso é o que estaba buscando.
"O Goberno ten que ser consciente de que a cultura é a identidade dun país e non podemos deixala morrer"
Diciades antes que tivéchedes moita sorte ata o momento, pero imaxínome que non será fácil nun contexto económico como o actual e a crise tan profunda que vive o negocio da música...
A verdade é que sempre estivo regular. Especialmente o mundo 'indie' ou como o queiras chamas. Para as bandas pequenas é moi difícil conseguir concertos, sacar diñeiro para cubrir gastos, compaxinalo co teu traballo... Este ano, ademais, está a crise e o aumento do IVE. As salas xa non poden arriscar tanto en contratar bandas descoñecidas. Día a día damos grazas pola sorte de estar con Ernie Producciones, que nos están conseguindo moitos máis concertos dos que esperabamos. En todo caso, esperemos que as cousas melloren e téñase máis conciencia por parte do Goberno de que a música, o cine, o teatro, en resumo, a cultura, é a identidade dun país e non podemos deixala morrer.
E neste panorama musical tan gris, cales son os plans de futuro de Pasajero?
Queremos seguir tendo tempo para dedicalo á banda. Que toquemos máis e acheguémonos máis ao público. E seguir gozando co que facemos, que veña xente a vernos... Pequenas cousas que nos permitan seguir avanzando, gravar discos novos e sobre todo pasalo ben, que é o obxectivo número uno.