O humor de Chévere ofrécese nos escaparates de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5183de3953f3d-011.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5183de9648897-005.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Utilizan o escaparate como escenario e o humor como fórmula para que os clientes se acheguen aos establecementos.
Así está a ofrecer a compañía Chévere diferentes obras teatrais de pequeno formato ao longo deste venres 3 de maio polo centro histórico de Pontevedra. Durante a mañá coa colaboración da actriz Marián Bañobre guiando co seu personaxe do espectáculo de rúa Fitness os espectadores polos diferentes comercios nos que Chévere e O retrete de Dorian Gray representaron pezas divertidas nos escaparates de Sánchez Hogar, Homes e Ernesto Filgueira Muller.
Pola tarde, a partir das 18:30 en Curros Enríquez realizan un sendeiro de actuacións por Ernesto Filgueira Muller con sesións ás 19 e ás 20:30 horas a cargo Do retrete de Dorian Gray. En Clarita, Chévere representa Cambio de Tempada ás 19:30 e ás 21 horas e Mobles Mirón acolle o recital lírico dos Tres Tenores na súa versión humorística.
O punto de información cun vídeo-instalación encóntrase na Droguaría La Moderna situada en Curros Enríquez.
Actuación de Chévere nos escaparates de Pontevedra
O grupo de teatro Chévere realiza actuacións en varios escaparates de tendas do centro histórico para fomentar a actividade económica