Adéntrate con Chévere nas entrañas de "Eurozone", un axuste de contas con Europa ao estilo 'Tarantino'
Por Oskar Viéitez
Eurozone é a nova obra de Chévere, unha farsa teatral sobre a crise da zona euro que fala sobre o fin da idea de Europa tal e como a entendemos ata agora. Pero antes da obra, o grupo Chévere propón un obradoiro para o espectador para saber máis sobre Eurozone, como se fixo a obra teatral e cales son as claves para adentrarse nesta obra.
Unha sesión de adestramento da mirada que se realiza antes de asistir a unha función do espectáculo. Prepararse para non perder nada importante, ou para perder precisamente o medo a ir ao teatro e non entender nada.
Este obradoiro, impartido por Xesús Ron, enriquece e aumenta a experiencia do teatro porque ofrece ferramentas para coñecer desde dentro o proceso de creación da obra (referentes cinematográficos e escénicos, ensaios...) e a partir deles artella unha charla informal con participación de varias persoas do equipo de creación de Chévere.
O obradoiro terá lugar o luns 21 as 19:00 horas no Pazo da Cultura, de balde e cun máximo de 30 participantes que poderán inscribirse previamente nas oficinas do Pazo en horario de mañá, ou enviando un correo electrónico a solicitude que se atopa na web.
EUROZONE
Eurozone se representará en Pontevedra o xoves 24 de outubro as 21 horas no Pazo da Cultura.
E unha farsa sobre un sistema democrático deslexitimado que só conta coa cidadanía para ir votar, sobre unha clase dirixente que exerce o poder no seu beneficio, sobre o secuestro da democracia por parte do sector financieiro.
Un achegamento ao atraco especulativo ao máis puro estilo Tarantino e co referente de Reservoir Dogs, que conta cáles poden ser os paralelismos entre as personaxes da película e os principais líderes políticos de Europa.
Relacionadas:
-
Pontevedra, penúltima parada de Chévere antes de levar a súa tarantiniana "Eurozone" a Madrid
Por Alejandro Espiño |
-
'Eurozone' de Chévere e 'O método Gronholm' de Talía Teatro, apostas do Pazo da Cultura para outubro
Por Alejandro Espiño |
-
O humor de Chévere ofrécese nos escaparates de Pontevedra
Por Redacción |
-
As 'Ultranoites' da Sala NASA chegan, por partida doble, ao Pazo da Cultura de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |