'Casa O'Rei' abre unha tempada teatral na que Concha Velasco e Resines actuarán no Pazo da Cultura
'Casa O'Rei' é un espectáculo de Ibuprofeno Teatro que xoga coa idea básica do 'Rei Lear', de Shakespeare, desenvolvéndoa nunha Casa de comidas galega. Así define Santiago Cortegoso, director e autor da montaxe, esta obra que será representada no Teatro Principal este xoves 3 de maio ás 21.00 horas a un prezo de 8 euros, cun desconto de 4 euros para estudantes, parados e xubilados.
O elenco actoral está formado por intérpretes cunha importante traxectoria como Marián Bañobre, Víctor Mosqueira, Xosé Manuel Esperante, Teté García, Miguel Borines e Victoria Teijeiro. A banda sonora desta obra traxicómica corresponde a Caxade e a elaborada escenografía está deseñada por Pablo Giráldez.
VINDEIROS ESPECTÁCULOS
Carmen Fouces, concejala de Cultura, indicou que a tempada teatral para os meses de maio e xuño terá continuidade o 13 de maio no Pazo da Cultura coa obra 'Electra', a partir das 21.00 horas, con entradas a un prezo de 20 euros.
Dous días máis tarde, o 15 de maio, o Teatro Principal acollerá a obra homenaxe a María Victoria Moreno, 'Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos', de Matrioshka Teatro.
O elenco máis coñecido chegará con 'El Funeral' o 8 de xuño ao Pazo da Cultura. A obra está interpretada por Antonio Resines e por Concha Velasco que, como apuntou a concelleira, xa anunciou a súa retirada con esta montaxe polo que se convertirá nunha das últimas oportunidades de ver á veterana actriz.
As entradas xa se poden adquirir a través da web do Pazo da Cultura.