Bailaríns con diversidade funcional reflexionarán sobre a comunicación a través da danza
Por Redacción
Afundación acolle na súa sede de Pontevedra a posta en escena da compañía de danza da Fundación Igualarte.
A produción "Diálogos de papel" poderá verse este venres 2 de febreiro a partir das 20.30 horas.
Esta proposta, realizada por bailaríns con capacidades diversas, fai unha reflexión sobre a comunicación tomando o papel como base e fío condutor.
A Fundación Igualarte é un espazo activo onde se traballa a arte con persoas con capacidades diversas, entendendo a arte como un dereito que pertence a todo o mundo e que leva a responsabilidade de expresar, comunicar e transmitir.